domingo, 16 de janeiro de 2022

A casa do portugués – FRANCISCO ÁLVAREZ KOKI

LIVRO GENTILMENTE OFERECIDO POR IN-FINITA
Conheçam a IN-FINITA neste link

Poeta galego

 

A casa do Portugués ten

unha lúa na ventana,

estrelas mais de cen

e orballo na solana.

 

Ten parladoiros nas ventanas

forno de pan de millo,

e coplas galanas

nos seus ollos de brillo.

 

Marmurios da avoa María

que voan por toda a casa,

lembranzas que día a día

construien a historia que pasa.

 

O avó Agapito sentado

fuma un pito da petaca,

ollando o arado

que na eira descansa.

 

A Benilde e a Francesa

falan o pe da figueira,

namentras leveda o pan na artesa

e arde o fogo na lareira.

 

A casa do Portugués latexa

na grandeza dos seus anos,

fuxindo de toda envexa

deitada no calor dos seus amos.

 

O Lelo. Manuel O Gaiteiro

toca a gaita na sombra da Lúa,

no seu son feiticeiro

que se escoita en toda a rúa.

 

Nas súas pedras teimudas

crecen herbas centenarias,

mazás, castañas e uvas,

penas e bagoas solidarias.

 

E ten meu Deus ese amor

que quece riba da terra,

un amor cheo de door,

que esta tarde no meu peito berra.


EM - VERSO & PROSA - COLECTÃNEA - IN-FINITA

Sem comentários:

Enviar um comentário